Obradoiro · A Coruña 18 maio · Vigo proximamente

Do prompt ao sistema Enxeñería de software con LLMs

Aprende a construír un proceso maduro onde a IA escribe, proba, desprega e documenta a maior parte do teu código — sen perder o control de calidade.

  • FormatoPresencial · 4 h prácticas
  • CidadesA Coruña · Vigo
  • PrazasLimitadas

01 · Para quen é

Este obradoiro é para ti se...

Si, é para ti

  • Xa usas Cursor, Copilot ou Claude Code no teu día a día como developer.
  • Sentes que estás no 20 % do potencial que a IA pode ofrecerche.
  • Queres un proceso repetible, non trucos soltos.
  • Lideras (ou queres liderar) a adopción da IA no teu equipo.

Non, mellor outro día

  • Nunca escribiches código cun LLM.
  • Buscas un curso teórico sobre como funcionan os modelos por dentro.
  • Queres unha demo comercial dunha ferramenta concreta.

02 · O problema

Recoñeces algún destes síntomas?

  • Copias e pegas prompts e skills de chat a chat sen criterio.
  • Os resultados da IA son inconsistentes entre membros do equipo.
  • Non tes forma de medir a productividade que está a xerar realmente a IA.
  • O teu equipo non ten un proceso común de traballo coa IA.
  • Sabes que hai algo máis alá... pero non sabes por onde empezar.

03 · Resultados

En 4 horas pasarás de usar IA a deseñar sistemas con IA

01

Deseñar prompts coma APIs

Pasarás de conversar coa IA a especificar contextos, restricións e contratos.

02

Definir un proceso de equipo

Levarás un fluxo de traballo aplicable ao teu equipo desde o vindeiro luns.

03

Identificar o automatizable

Saberás que partes do teu pipeline son automatizables hoxe e cales aínda non.

04

Construír un sistema con axentes

Montarás un sistema que tome unha tarefa e poda xerar, revisar e despregar código.

05

Avaliar o estado da arte

Aprenderás que ferramentas usar, cales ignorar e por que.

06

Anticipar o vindeiro ano

Verás o roadmap dos próximos 6-12 meses para non quedar atrás.

04 · Axenda

Un día, catro horas de práctica

  1. 10:00

    Apertura · Estado da arte

    Estado da arte dos sistemas de desenvolvemento con IA.

  2. 11:45

    Pausa café

  3. 12:15

    O proceso

    Especificación → plan → implementación → revisión.

  4. 13:00

    Desenvolvemento de produto guiado por IA

    Caso práctico de extremo a extremo.

  5. 14:00

    Xantar

  6. 15:00

    Networking + dúbidas existenciais

    Tempo para coñecernos e resolver os medos que todos estamos abordando.

  7. 16:00

    Peche

05 · Metodoloxía

Como traballamos

Práctico

Trae o teu portátil. Sairás cun sistema funcionando, non con apuntamentos.

Grupo reducido

Prazas limitadas para garantir atención individual e debate de calidade.

Materiais

Levarás un repositorio de exemplo e documentacion para os seguintes pasos.

06 · Datas e prezos

Escolle a túa edición

Inscricións abertas

A Coruña

Luns · 18 de maio

Lugar
Hi Coruña
Av. Porto da Coruña 3
15003 A Coruña
Horario
10:00 – 16:00
  • Entrada xeral 100 €
  • Socias e socios Startup Galicia 75 €
Reservar a miña praza →
Proximamente

Vigo

Data e ubicación por anunciar

Lugar
Por anunciar
Horario
10:00 – 16:00
  • Entrada xeral 100 €
  • Socias e socios Startup Galicia 75 €
Apuntarme á lista de agarda →

07 · Instrutores

Quen che vai guiar

Iago Lastra

Iago Lastra

Frontend Architecture · Docente · Autor

Desenvolvedor de software durante 15 anos en empresas como Carto, Apto Payments ou Quobis. Docente, investigador e autor de varios libros sobre arquitectura de software en frontend.

LinkedIn
Moisés Vilar

Moisés Vilar

Product Engineering · Liderado técnico

18 anos de experiencia dirixindo o desenvolvemento de produtos dixitais en empresas como Inditex, Packlink ou Factorial.

LinkedIn

08 · Organizado por

09 · Entidades colaboradoras

Coa colaboración de

10 · FAQ

Preguntas frecuentes

Necesito coñecementos previos de IA?

Si. Este obradoiro asume que xa trataches de usar IA para programar (Cursor, Copilot, Claude ou similar). Ainda que comentaremos algúns fundamentos básicos.

Que ferramentas necesito traer?

Non é imprescindible pero si recomendable traer portátil propio cun editor moderno (recomendado: Claude Code).

É presencial ou en liña?

Presencial. As edicións de A Coruña (Hi Coruña) e Vigo realízanse en aulas físicas.

Que stack tecnolóxico se usa?

O contido é agnóstico ao stack. Os exemplos en directo son en linguaxes comúns (TypeScript, Python) pero os conceptos son aplicables a calquera stack.

Hai descontos para equipos?

Para inscricións de equipo, contacta directamente a través de Eventbrite e estudaremos cada caso.

Que pasa se non podo asistir?

A política de devolución é a estándar de Startup Galicia. Consulta as condicións na páxina do evento.

Por que organiza Startup Galicia este obradoiro?

A razón de ser de Startup Galicia é fomentar o emprendemento e dotar da maior competitividade ás nosas startups. O ecosistema está cambiando dunha maneira nunca vista ata o momento, e este taller é unha das actividades que farán ás nosas empresas alcanzar esa velocidade.

Listo para pasar do prompt ao sistema?

Reserva a túa praza para a edición da Coruña ou apúntate á lista de agarda de Vigo.